Luis Menor participa na XXVI Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia

Compartir

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na XXVI Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia, unha das grandes recreacións históricas da provincia, acompañado polo alcalde, Amador Díaz Penín, e por representantes da Asociación Cultural Civitas Limicorum.

Xinzo de Limia, 23 de agosto de 2026.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na XXVI Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia, unha das grandes recreacións históricas da provincia, acompañado polo alcalde, Amador Díaz Penín, e por representantes da Asociación Cultural Civitas Limicorum.

Luis Menor destacou o extraordinario arraigo popular dunha celebración que “converte a historia de Xinzo nun motivo de orgullo colectivo e nun magnífico escaparate para A Limia e para toda a provincia”.

A edición máis multitudinaria da súa traxectoria reúne durante esta fin de semana 54 agrupacións, 13 tropas chegadas de fóra, 12 grupos musicais e máis de 50 actividades gratuítas, coa implicación de preto de 700 persoas asociadas.

O presidente provincial felicitou á organización e á veciñanza polo seu traballo e reafirmou o apoio da Deputación ás celebracións que contribúen a preservar a identidade, atraer visitantes e dinamizar a economía local.