Luis Menor participa nos actos da Merced no centro penitenciario de Pereiro
Luis Menor entregou varios recoñecementos e puxo en valor a colaboración da Deputación con este centro penitenciario
Con motivo do Día da Merced, patroa das institucións penitenciarias, o presidente provincial, Luis Menor, participou no acto institucional que cada ano organiza o centro penitenciario de Pereiro de Aguiar, e que contou tamén cunha representación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, a través do gaiteiro Marcos Foxo.
Luis Menor entregou varios recoñecementos e puxo en valor a colaboración da Deputación con este centro penitenciario, a través de iniciativas sociais e culturais como a revista elaborada polos internos.