Luis Menor presenta en Fitur a sección de Vilas Termais da FEMP

Compartir

Como presidente desta sección da Federación Española de Municipios e Provincias, destacou a importante presenza de Galicia nesta organización, onde das 80 entidades locais que a conforman, “case un terzo son concellos gallegos”.

Expresou o seu agradecemento polo traballo realizado por cada membro desta sección na promoción do termalismo e convidou aos gobernos central e autonómico a intensificar o seu apoio ao sector termal.

Madrid, 23 de xaneiro de 2026.

O presidente da Deputación de Ourense e presidente de Villas Termales -sección dependente da Federación Española de Municipios e Provincias- presentou hoxe no stand de Galicia en Fitur a axenda de traballo desta organización para este ano, co obxectivo de seguir avanzando para facer das vilas termais un destino de calidade asociado á saúde e ao benestar.

Na súa intervención, Luis Menor destacou a presenza significativa de Galicia nesta organización, sinalando que das 80 entidades locais que a conforman, "case un terzo son concellos gallegos". Expresou o seu agradecemento polo traballo realizado por cada membro desta sección na promoción do turismo termal e instou os gobernos central e autonómico a incrementar o seu apoio ao sector termal como mecanismo para promover o reequilibrio territorial, a retención da poboación e a creación de emprego no rural español.

Unha Vila Termal é un concello onde a auga termal é unha das súas razóns de ser, pero non a única, xa que "somos o lugar perfecto para o mellor descanso, para desfrutar de produtos gastronómicos locais e de calidade e coa riqueza cultural que atesouran as vilas termais en forma de patrimonio histórico", lembrou Luis Menor, quen animou a todos os asistentes a visitar algunha delas en 2026.

O evento, ao que asistiron numerosos representantes institucionais dos concellos participantes, contou tamén coa participación do secretario xeral da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias), Luis Martínez-Sicluna. Alí, anunciaron o calendario para os próximos meses, que comezará en 15 días en Caldes de Malavella. Os debates centraranse na posibilidade de que a FEMP inste ao goberno central a promulgar cambios lexislativos específicos que proporcionen novas oportunidades para o sector termal, así como na posible inclusión de entidades colaboradoras como os balnearios.

Co obxectivo de avaliar os resultados, este ano celebraranse dous Consellos Rectores de Vilas Termais en Alange (Estremadura) e outro en Archena (Murcia).