Luis Menor ratifica coa súa presenza o apoio da Deputación á Declaración da Ribeira Sacra como patrimonio da auga, no marco do congreso internacional “Paisaxes da auga: unindo o pasado co futuro”

Compartir

Nogueira de Ramuín, 7 de novembro de 2023.- A Ribeira Sacra vén de ser declarada patrimonio da auga, no marco do congreso internacional "Paisaxes da auga: unindo o pasado co futuro", organizado pola Xunta de Galicia no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. No acto estivo presente o presidente provincial, Luis Menor, ratificando así o firme apoio da Deputación a esta importantísima posta en valor do territorio da Ribeira Sacra.

Na destacada declaración desta tarde, eixo central do cónclave onde participan expertos de todo o mundo, aséntase un piar fundamental para o relanzamento da candidatura a Patrimonio Mundial da Unesco do privilexiado entorno que comparten as provincias de Ourense e Pontevedra.

De feito, os expertos da Unesco abordaron o valor da auga como elemento vertebrador das paisaxes culturais únicas que conforman a Ribeira Sacra, territorio singular e único no mundo. As ponencias centradas neste recurso natural como é a auga, enmárcanse no propósito da Xunta de Galicia de volver a retomar esta importante candidatura. Deste xeito, a declaración da Ribeira Sacra sobre o patrimonio da auga é un documento que contribúe activamente ao obxectivo de recoñecemento internacional que é o Patrimonio Mundial da Unesco.