Luis Menor recibe ao comisario da Policía Nacional en Ourense, Juan Castor Vázquez
Ourense, 31 de outubro de 2023.- O presidente provincial, Luis Menor, recibiu esta mañá, en visita institucional, ao comisario da Policía Nacional en Ourense, Juan Castor Vázquez. O encontro englóbase dentro da rolda de contactos que está a manter o máximo responsable da Deputación con todas as institucións e entidades da provincia. O obxectivo destas reunións fundaméntase en afianzar e reforzar a cooperación e as relacións institucionais coa Deputación de Ourense.