Luis Menor recibe aos alcaldes de Entrimo, Verea, Ramirás e Padrenda

Compartir

Ourense, 15 de novembro de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo durante toda a xornada de hoxe, no Pazo Provincial, unha nova rolda de contactos con alcaldesas e alcaldes da provincia. Nesta ocasión, Menor reuniuse co alcalde de Entrimo, Ramón Alonso; co alcalde de Verea, José A. Pérez; coa rexedora de Ramirás, Isabel Gil, e co alcalde de Padrenda, Manuel Pérez.