Luis Menor visita o Entroido de Vilariño de Conso
O presidente provincial desfrutou do desfile de fulións e acompañou á veciñanza na súa tradicional Festa do Cabrito
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, achegouse hoxe ata Vilariño de Conso para acompañar á veciñanza no seu Entroido.
O desfile de fulións marcou o inicio da xornada, que rematou coa Festa do Cabrito con miles de visitantes.