Luis Menor visita as zonas de Viana do Bolo máis afectadas polas tormentas para comprobar in situ a situación actual e o traballo das brigadas da Deputación

Compartir
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, desprazouse esta tarde a diferentes núcleos do concello de Viana do Bolo -A Bouza e Pradocabalos- que na tarde do mércores víronse afectados polas fortes tormentas e chuvias torrenciais, para comprobar in situ a situación actual e o traballo que están a realizar as brigadas da Deputación.
Viana do Bolo, 18 de xuño de 2026. O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, desprazouse esta tarde a diferentes núcleos do concello de Viana do Bolo -A Bouza e Pradocabalos- que na tarde do mércores víronse afectados polas fortes tormentas e chuvias torrenciais, para comprobar in situ a situación actual e o traballo que están a realizar as brigadas da Deputación. O presidente provincial, que escoitou as necesidades que lle trasladou a veciñanza a curto e longo prazo, congratulouse de non ter que lamentar vítimas dada a gran magnitude da traxedia salientando que “debemos continuar a traballar para poder restituír a normalidade nestas zonas á maior brevidade posible”. Desde a institución provincial puxemos “todos os medios a disposición para dar unha resposta inmediata e coordinada a través do CECOPI, mobilizando medios técnicos e humanos á disposición da veciñanza e da administración coordinante que é a Xunta”, salientou Menor. A institución provincial fixo unha distribución de tarefas para atender, en primeiro lugar, as estradas provinciais para garantir a seguridade viaria e facilitar os acceso aos pobos. Ao mesmo tempo, traballouse para favorecer a mobilidade da veciñanza que, nalgúns núcleos, estaban incomunicados. Na visita desta tarde, o presidente provincial tivo a oportunidade de comprobar in situ como evolucionou esa resposta sobre o terreo e ver como as brigadas da Deputación estaban a traballar nas estradas provinciais e nos núcleos máis afectados polas tormentas como en Bouza.