Luz Doporto participou nun foro sobre o despoboamento na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal
Ourense, 22 de xuño de 2023.- A deputada en funcións Luz Doporto participou hoxe en Mirandela (Portugal) no Foro "Cohesión socioterritorial e despoboamento na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal", cita organizada polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.
Neste encontro abordáronse propostas de futuro para paliar a crise demográfica, coa presenza, entre outros, da secretaria de Estado de Desenvolvemento Rexional de Portugal, Isabel Ferreira; presidentes de varias cámaras municipais portuguesas e o alcalde do Barco, Alfredo García; ou o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán V. Mao.