Máis de 6.000 persoas visitan A derradeira leición do mestre, na Deputación de Ourense

Compartir

  • A obra pictórica icónica do galeguismo, de Alfonso Rodríguez Castelao, que forma parte da mostra "Castelao e Prada, irmaus!", poderá visitarse ata o luns, 8 de abril, ás 21.00 horas.

Ourense, 5 de abril de 2019.- Máis de 6.000 persoas visitaron a obra pictórica icónica do galeguismo, A derradeira leición do mestre, de Alfonso Rodríguez Castelao, que se exhibe por primeira vez na provincia de Ourense, na antiga biblioteca do Pazo Provincial, dentro da exposición "Castelao e Prada, irmaus!", organizada pola Deputación de Ourense.

A exposición que irmanda a dous referentes do galeguismo, Castelao e Rodolfo Prada, nunha mostra única que homenaxea aos dous intelectuais galeguistas, poderá visitarse ata o vindeiro luns, 8 de abril, ás 21.00 horas, antes de que A derradeira leición do mestre volva ao Centro Galicia de Bos Aires, entidade propietaria do cadro.