Manuel Baltar afirma que o viño e a auga son sectores estratéxicos da provincia de Ourense

Compartir

  • O presidente da Deputación participou na presentación da I Semana Vitivinícola de Galicia, que se desenvolve estes días no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", no Liceo e na Molinera coa presenza de 70 investigadores e relatores.

Ourense, 5 de xuño de 2017.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe no acto de apertura da I Semana Vitivinícola de Galicia, que se desenvolve estes días no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", no Liceo e na Molinera coa presenza de 70 investigadores e relatores. O presidente do goberno provincial destacou que o viño e a auga "son sectores estratéxicos da provincia de Ourense", engadindo que o viño de Ourense "está nos mellores mercados e estamos a traballar para que o investimento feito en innovación tecnolóxica das adegas nos últimos anos teña a súa traslación na exportación coa axuda da CEO e de misión comerciais como a promovida pola Deputación de Ourense con Estados Unidos".

No acto participaron xunto a Manuel Baltar o director da Evega, Juan Manuel Casares; a directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Medio Rural, Belén do Campo; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz.