Manuel Baltar afirma que os premios "Gallegos del año" "son unha iniciativa que reforza a autoestima de Galicia"
- O presidente da Deputación de Ourense destacou que é "un dos eventos do ano na nosa nacionalidade histórica".
Santiago, 3 de novembro de 2016.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo hoxe en Santiago, no decurso da gala dos premios "Gallegos del año", que organiza o Xornal El Correo Gallego, que esta "é unha iniciativa cargada de razón e de autoestima para Galicia". O presidente do goberno provincial cualificou a acto como "un dos eventos do ano na nosa nacionalidade histórica" e un recoñecemento de prestixio para os premiados, "que provoca unha inxección de orgullo colectivo".
Tamén remarcou Baltar que este acto "reforza o protagonismo de El Correo Gallego na nosa sociedade, e coloca no centro a un pobo responsable, como o noso, que é traballador, creativo e emigrante. Todo un acerto este evento, que consolida a autoidentificación coa terra que nos viu nacer".
Na gala, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, expresou que estes premios "dan testemuña do que Galicia é capaz cando cre en si", e Arsenio Olmo, vicepresidente de Aguas de Barcelona, distinguido como "Gallego del año", nado no Caurel, destacou o papel do mundo rural e das mulleres.