Manuel Baltar comproba in situ actuacións da Deputación en Piñor e Punxín
Ourense, 18 de abril de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe Piñor e Punxín, onde comprobou in situ as actuacións que ten desenvolvido a institución provincial nestes concellos e analizou proxectos de futuro. Baltar estivo acompañado polos alcaldes destes municipios, José Luis González e Manuel Vázquez, respectivamente. En Piñor, a visita centrouse no ámbito das infraestruturas viarias como a de Loeda, os accesos ao velorio, e en temas de colaboración social e cultural, mentres que en Punxín analizaron cuestións medioambientais e os accesos á área termal do Bañiño, actuación enmarcada no Plan Termal Provincial.