Manuel Baltar e a senadora Fidelma Healy analizan proxectos de cooperación entre Ourense e Irlanda

Compartir

Establecer acordos de colaboración entre Ourense e institucións de Irlanda para desenvolver proxectos formativos, sociais e económicos foron os asuntos que trataron o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a senadora irlandesa Fidelma Healy, do partido Fine Gael, é portavoz en materia de proxectos sociais, quen estes días visita Galicia. Na reunión celebrada no Pazo Provincial de Ourense, Baltar e Healy analizaron o Programa de Bolsas Leonardo da Vinci –do que a Deputación de Ourense é unha das institucións de España máis dinámicas e participativas-, así como a colaboración en proxectos empresariais de interese mutuo para Ourense e Irlanda.

Na xuntanza Baltar e Healy, acompañados pola senadora ourensá Carmen Leyte e polo alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, analizaron a actualidade comunitaria e falaron do programa de cooperación en materia de formación que se levará a cabo entre O Carballiño e Boborás co concello irlandés de Orenmore, así como do proceso de irmanamento entre os dous concellos ourensáns co irlandés. Neste proxecto participa a fundación Antón Losada, a cal través dun neto do escritor e político Losada Diéguez, puxo en contacto aos dous municipios ourensáns co de Oranmore.