Manuel Baltar inaugura no Carballiño o XVII Congreso Internacional de Turismo
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugurou o pasado mércores no Auditorio de O Carballiño o XVII Congreso Internacional da Asociación Española de Expertos Científicos en Turismo, ao que asisten máis de 300 persoeiros dos ámbitos científico, académico e empresarial de España Brasil, Portugal, Reino Unido, Finlandia, México e Chile. O lema do congreso é "Creación e desenvolvemento de productos turísticos: innovación e enfoque experiencial.
Baltar destacou na súa intervención que Ourense "sempre foi unha terra de emprendedores que, coa emigración, convertéronse nos grandes embaixadores do noso bo traballo", e engadiu que falando de turismo, de viaxes e de descubrir novos horizontes os ourensáns sabemos moito diso, por somos conscientes da nosa riqueza e do potencial turístico que temos na nosa provincia; un potencial que hai que seguir mellorando coa innovación, a investigación e procurando novas fórmulas para facer máis eficaz e atractivo turismo do século XXI".