Manuel Baltar participa na reunión do padroado da Fundación Democracia e Goberno Local

Compartir

Ourense, 22 de xuño de 2021.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe na reunión da Xunta do Padroado da Fundación Democracia e Goberno Local, entidade que agrupa a 25 gobernos provinciais de España. Na xuntanza, realizada por vía telemática, analizáronse entre outros asuntos, temas económicos como as contas anuais do exercicio 2020 e a liquidación do orzamento; a aprobación da memoria de actividades 2020, e aspectos organizativos relativos ao presente exercicio de 2021.