Manuel Baltar presidiu a súa primeira reunión na comisión executiva do Inorde

Compartir

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidiu hoxe a súa primeira comisión executiva como titular do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico. Na xuntanza tratouse a dación de conta da designación do novo presidente do Inorde; a designación de representante do Inorde no Consello de Administración de Xestur Ourense, S.A., no Consello de Administración do Parque Tecnolóxico de Galicia, S. A., e de vogal cooperador do pleno da Cámara de Comercio de Ourense; e finalmente a modificación do acordo da comisión executiva do día 6 de maio de 2013 no referente á venda das acción do Inorde en Turgalicia. O acto terá lugar na sala de xuntas do Inorde.

Ao remate da xuntanza Manuel Baltar dixo que o Inorde "será un dos protagonistas no plan piloto de Racionalización da estrutura administrativa, encargado polo Ministerio de Facenda, e que está a ultimar a institución provincial para poder aplicar nas demais deputacións de España, logo dos bos resultados que este programa esta a dar aos concellos de Ourense, tanto no que atinxe ao aspecto económico como de eficacia na operatividade da xestión".

Na reunión do comité executivo, á que tamén asistiu pro primeira vez o novo presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, analizáronse asemade os proxectos que ten en marcha o Inorde e o importante papel que vai seguir desenvolvendo en ámbitos como o da internacionalización de empresas, o comercio exterior e apoio aos sectores estratéxicos da provincia de Ourense como son, entre outros, o do viño, a pizarra ou o termalismo.