Manuel Baltar recibe á actriz ourensá Mariana Carballal

Compartir

Ourense, 4 de outubro de 2019.- Dentro das actividades do Ourense Film Festival (OUFF) 2019, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial á actriz e docente ourensá Mariana Carballal, con que analizou o traballo que a intérprete está a desenvolver no ámbito audiovisual con estudantes, en obradoiros que afondan no estudo da perspectiva de xénero nos produtos audiovisuais.