Manuel Baltar recibe ao alcalde de Piñor, José Luis González
Ourense, 21 de xullo de 2015.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao alcalde de Piñor, José Luis González, na primeira visita do rexedor local á institución provincial desde o inicio do seu mandato municipal. Baltar e González falaron de temas de ámbito social, cultura, económico e de infraestruturas, así como de mellora de viais do municipio de Piñor, asuntos nos que o goberno provincial ven cooperando cos concellos da provincia de Ourense e que na lexislatura 2015-2019 teñen cabida no Plan OU15-19 deseñado e promovido por Manuel Baltar.