Manuel Baltar recibe ao director da RAG, Víctor Freixanes
Ourense, 1 de outubro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no seu despacho do Pazo Provincial ao director da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, con quen acordou renovar a colaboración entre ámbalas dúas entidades, como vén sendo habitual durante estes anos, facendo balance, asemade, das actividades da RAG na provincia de Ourense.