Manuel Baltar recibe ao director de cine Oliver Laxe
Ourense, 1 de outubro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no seu despacho do Pazo Provincial ao director de cine Oliver Laxe, quen asinou no Libro de Honra da Deputación de Ourense. No encontro analizaron diferentes aspectos do Festival de Cine de Ourense (OUFF) na súa presente edición e tamén temas referidos á actualidade e o futuro do cinema en Galicia, así como da relación do traballo do cineasta coa provincia de Ourense, onde se rodou parte da súa última película, O que arde, premiada nos festivais de Cannes e San Sebastián, que contou coa colaboración da Deputación de Ourense.