Manuel Baltar recibe ao músico Víctor Manuel

Compartir

Ourense, 2 de xuño de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao músico Víctor Manuel, acompañado polo líder do grupo folk Luar Na Lubre, Bieito Romero. Ámbolos dous asinaron no Libro de Honra da Deputación de Ourense. Víctor Manuel Sanjosé, quen colabora no novo traballo discográfico de Luar Na Lubre na Lubre, participou na estrea en directo deste álbum -excelente producción que pivota sobre o mosteiro de san Pedro de Rocas e a Ribeira Sacra-, que tivo lugar o pasado venres no Teatro Principal de Ourense.