Manuel Baltar recibe ao presidente e directivos do Instituto de Estudios Valdeorreses

Compartir

Ourense, 1 de outubro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV), Aurelio Blanco Trincado, e a directivos desta entidade, con quen falou da colaboración da Deputación de Ourense na celebración dos 40 anos do IEV (1979-2019), senlleira entidade cultura valdeorresa. Tamén comentaron temas referidos á publicación de obras do IEV e do futuro convenio de cooperación para o ano 2020.