Manuel Baltar recibe á directiva da Unión Deportiva Ourense

Compartir

Ourense, 3 de abril de 2017.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu esta mañá no Pazo Provincial á directiva da Unión Deportiva Ourense (UDO), tralo seu recente ascenso á categoría de Preferente. Na reunión estiveron co presidente provincial o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o presidente da UDO, Modesto García; o coordinador deportivo, Fernando Currás; e os directivos Manuel Cabaleiro e Eladio Pérez. Na xuntanza, na que o presidente do goberno provincial e os directivos da UDO falaron de aspectos relacionados coa vindeira tempada, Manuel Baltar felicitounos por lograr o ascenso e desexoulle á Unión Deportiva Ourense que continúe cos éxitos futbolísticos.