Manuel Baltar reúnese cos portavoces dos grupos políticos para preparar o pleno de organización da Deputación de Ourense

Compartir

Ourense, 4 de xullo de 2019.- O presidente da deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe cos portavoces dos grupos políticos con representación na corporación provincial no mandato 2019-2023, xuntanzas que tiveron como obxectivo a preparación da sesión plenaria de organización, que se celebrará neste mes de xullo. O presidente provincial e os representantes do Partido Popular, Plácido Álvarez; Partido Socialista, Rafael Rodríguez Villarino; Democracia Ourensana, Miguel Caride, e Ciudadanos, Montserrat Lama, analizaron temas referidos ás dedicacións, persoal eventual, as axudas para o funcionamento dos grupos políticos e cuestiones relativas a organización e desenvolvemento dos plenos. O representante do BNG non puido asistir á reunión debido a problemas de axenda e a xuntanza quedou posposta para a vindeira semana.