Manuel Baltar visita o concello de Carballeda de Valdeorras
Ourense, 11 de decembro de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe o concello de Carballeda de Valdeorras, dentro da rolda de visitas que vén realizando o titular do goberno provincial a municipios da provincia. Baltar reuniuse coa alcaldesa do municipio, María del Carmen González, con que analizou temas de cooperación entre a institución provincial e o concello, e visitou obras emblemáticas que contan co apoio da Deputación de Ourense, como son o aparcadoiro e as novas piscinas municipais.