Manuel Baltar visita o concello de Celanova

Compartir

Ourense, 19 de xuño de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe o concello de Celanova, dentro da rolda de visitas que está a realizar polos municipios da provincia de Ourense. Na Casa do Concello mantivo unha reunión co alcalde da vila, José Luis Ferro, con quen analizou temas de cooperación entre a Deputación de Ourense e o goberno local celanovés, referidos a proxectos culturais e de infraestruturas, incluíndo arranxos nas dependencias municipais e mesmo actuacións en materia de abastecemento e saneamento en diversos núcleos de poboación do municipio.