Manuel Baltar visita o concello de Muíños
Ourense, 24 de setembro de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe o concello de Muíños, onde se reuniu co seu alcalde, Plácido Álvarez, e con membros do equipo de goberno local para abordar temas de cooperación entre ambas administracións. Baltar asinou no Libro de Honra do concello e visitou o complexo medioambiental -que abrangue o punto limpo e a canceira-, así como o complexo do Corgo, as piscinas municipais e o pantalán, obras froito da cooperación entre o concello e a Deputación de Ourense e de propoñer novos proxectos para o municipio.