Manuel Baltar visita o concello de Paderne de Allariz

Compartir

 

Ourense, 13 de decembro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe o concello de Paderne de Allariz, onde se reuniu co alcalde do municipio, José Manuel Fernández, para avaliar obras de cooperación conxunta entre o concello e a Deputación de Ourense e proxectos de futuro, no ámbito social e de infraestruturas. No seu percorrido polo concello, o presidente do goberno provincial e o alcalde de Paderne, acompañados tamén polo alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, visitaron as obras da nova escola infantil que se está a construír no municipio de Paderne de Allariz, unha infraestrutura cuxo orzamento supera o medio millón de euros e que ten previsto entrar en funcionamento ao longo de 2020, contando cunhas 40 prazas.