Manuel Baltar visita o concello de Riós
Ourense, 4 de agosto de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o Concello de Riós, dentro da rolda de visitas que está a realizar polos municipios da provincia de Ourense, onde se reuniu co alcalde, Francisco A. Veiga e co seu equipo de goberno local. Durante a visita ás instalación do Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, o presidente do goberno provincial anunciou que ten previsto que a Deputación de Ourense asuma, no vindeiro mandato, a xestión deste centro dado que "a promoción, a produción e a comercialización da castaña son asuntos de interese provincial". En base aos datos extraídos do estudo promercado realizado polo Inorde en colaboración co Campus de Ourense, a castaña é "un produto estrela da nosa gastronomía, diferenciador e motor da economía rural", sinalou o presidente da Deputación de Ourense.
Na visita institucional ao municipio da comarca de Monterrei, Manuel Baltar acordou iniciar as conversas pertinentes co rexedor local de Riós para que a Deputación asuma a administración do Centro, e lembrou que esta nova proposta complementaríase ao traballo que se desenvolve, desde hai anos, no centro que o ente provincial ten en Xinzo, baseado noutro produto produto estrela como é a pataca.
O Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós tamén presta asesoramento individual ao produtor, resolve dúbidas e axuda a conseguir unha produción da máxima excelencia. Na visita ás instalacións desta entidade, o presidente da Deputación de Ourense tivo a oportunidades de conversas cos traballadores do Centro e escoitar as súas experiencias e achegas, "as cales resultan útiles para o futuro desta infraestrutura".
Manuel Baltar adiantou tamén que o plan do vindeiro mandato da Deputación denominarase "Ourense 7273", en alusión aos quilómetros cadrados da provincia de Ourense e entre as propostas que conforman esta nova folla de ruta, estará a asunción do Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós.