Manuel Baltar visita o concello de Toén
Ourense, 8 de xuño de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe o concello de Toén, dentro da rolda de visitas que está a realizar polos municipios da provincia de Ourense. A reforma da casa consistorial e outras actuacións en materia de infraestruturas en vías provinciais e locais, proxectadas e realizadas froito da cooperación entre a deputación e o concello, foron os temas que analizou o presidente do goberno provincial no encontro que mantivo co alcalde do municipio, Amancio Cid.