Manuel Gutiérrez Aragón presenta en Ourense as súas memorias "Vida y maravillas", no marco do Ourense Film Festival
Ourense, 1 de outubro de 2024.
Ourense acolleu a presentación de "Vida y maravillas", as memorias de Manuel Gutiérrez Aragón, no marco do Ourense Film Festival. O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Deportes, César Fernández, participou esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel, xunto ao director do OUFF, Miguel Anxo Fernández; e ao autor da obra, Manuel Gutiérrez Aragón, na presentación deste libro que por primeira vez se presenta en Galicia.
Gutiérrez recibiu na edición pasada do OUFF o Premio Especial OUFF e mantén coa cidade unha relación especial. "Ter a personalidades como Gutiérrez Aragón aquí é o que fai grande a este festival", sinalou César Fernández.
Ademais, Gutiérrez Aragón tamén participará esta tarde ás 19.30 horas, nunha firma de exemplares ás 19.30 horas no Teatro Principal, antes de manter xunto a Jaime Chávarri unha conversa sobre a figura do actor galego Fernando Rey, Premio Memoria Histórica nesta edición do OUFF, tamén no Teatro Principal.