María del Carmen González asiste á III BTT da Ruta do Viño de Valdeorras que mestura deporte e cultura vitivinícola
A Rúa, 22 de outubro de 2023.- A deputada provincial delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González, asistiu hoxe á celebración da III BTT da Ruta do Viño de Valdeorras, unha marcha cicloturista de carácter non competitivo que pon en valor e promociona o patrimonio enolóxico desta comarca, fusionando nun mesmo evento deporte e cultura vitivinícola.
Máis de 150 participantes percorrerán 45 quilómetros que os levarán por algunhas das bodegas da Ruta do Viño de Valdeorras e por paraxes naturais vitivinícolas típicas da zona, así como por localidades onde hai covas que forman parte do patrimonio etnográfico galego. A marcha comezará no Aguillón no municipio de A Rúa, e pasará polas localidades de Petín, Seadur, Larouco, A Portela e O Seixo. Unha ocasión tamén idónea para degustar os viños da comarca e produtos gastronómicos locais.