Marta Nóvoa agradécelle ao Círculo de Empresarios de Galicia a concesión da súa medalla de ouro a Roberto Verino, “quen tanto fixo e sigue facendo pola nosa provincia”
Vigo, 10 de novembro de 2023.- O modisto e deseñador Roberto Verino foi galardoado esta tarde coa medalla de ouro do Círculo de Empresarios de Galicia, acto ao que acudiu a vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, en representación da Deputación. Así, na súa intervención, Nóvoa destacou que "se Ourense leva tempo vencellada aos conceptos de "moda" e "deseño" é grazas a figuras como a de Roberto Verino", agradecéndolle ao Círculo de Empresarios de Galicia "a quen tanto fixo e sigue facendo pola nosa provincia".
Marta Nóvoa tamén fixo fincapé na implicación emocional "que é parte indiscutible da súa marca e do seu modo de entender a moda, a empresa, e a vida en xeral. Por iso, recoñecementos como o de hoxe son xustos e tamén acaídos, e nos fan sentir o orgullo de quen sempre cree e crea en Ourense desde o seu ámbito persoal e profesional".