Marta Nóvoa participa na inauguración de Previsel
A vicepresidenta primeira da Deputación coñeceu de primeira man as novidades en produtos e servizos relacionados con prevención e seguridade
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, participou esta mañá na inauguración do Salón de Prevención e Seguridade Laboral (Previsel), en Expourense.
Acompañada polo resto de autoridades e visitantes do recinto feiral, Nóvoa coñeceu de primeira man os produtos e servizos que se presentan en Previsel.
O salón é unha oportunidade para empresarios, traballadores e outros interesados nos últimos avances en materia de prevención.
