Marta Nóvoa participa na presentación do Festival OUR FEST que conta co apoio da Deputación
Ourense, 22 de setembro de 2023.- A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, participou hoxe, en Expourense, na presentación da segunda edición do Festival OUR FEST que se celebrará o 21 de outubro neste recinto feiral, co apoio deste organismo provincial.
Na súa intervención, a vicepresidenta do goberno provincial agradeceu aos organizadores desta iniciativa o seu traballo para traer a Ourense eventos musicais desta índole que atraen a miles de persoas de diferentes lugares de Galicia e do norte de Portugal, co impacto positivo que iso supón para a economía local. Así mesmo, Marta Nóvoa puxo en valor a importancia da cooperación entre institucións para poder desenvolver este tipo de proxectos.
Esta cita traerá a Ourense a grandes referentes internacionais do panorama musical que conecta diversas xeracións como son: Suede, Baxter Dury, Kula Shaker, Grande Amore e Melenas. OUR FEST 2023 promete, segundo os organizadores, unha experiencia musical única que desde a súa estrea o ano pasado, mantense fiel a un estilo distintivo para levar aos asistentes a unha viaxe musical que fusiona artistas de renome con talento emerxente.
Para máis información: www.ourfest.gal.