Marta Nóvoa participa no “Parlamento infantil” de Amencer

Compartir

Ourense, 4 de novembro de 2023.- A vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa, participou esta mañá no "Parlamento infantil" de Amencer que tivo lugar no Salón de Plenos da institución provincial.

Esta actividade divulgativa e participativa busca achegar o funcionamento das institucións públicas aos máis cativos, afianzando así conceptos como o funcionamento dos plenos provinciais ou o labor que desempeña a Deputación, baseada na cooperación cos concellos da provincia. Marta Nóvoa explicoulles estes conceptos e respostou a todas as dúbidas que lle prantexaron os participantes nesta actividade.

Ademáis, en nome da Deputación, Marta Nóvoa fíxolles entrega dun exemplar la vida de Eduardo Barreiros, narrado polo seu bisneto, "todo un exemplo de traballo , talento e esforzo que vos animo a ler e descubrir", sinalou a vicepresidenta primeira.

Os rapaces e rapazas de Amencer constituiron o seu particular pleno e debatiron acerca de diversas propostas que logo formarán parte da programación da asociación xuvenil.