Marta Nóvoa pon en valor o sector da prevención na presentación de Previsel
A vicepresidenta primeira destacou a importancia da seguridade nas empresas e os avances no sector
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, participou esta mañá na presentación dunha nova edición do Salón de Prevención e Seguridade Laboral (Previsel), que se celebra en Expourense os días 12 e 13 de marzo.
Esta feira ofrecerá formación especializada e as últimas novidades do sector da prevención. Neste sentido, a vicepresidenta provincial puxo en valor a importancia destas cuestións en favor dos traballadores, como “principal activo” das empresas.
