Membros da Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros visitan a Deputación
Ourense, 19 de outubro de 2016.- O deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, recibiu esta mañá no Salón de Plenos da Deputación de Ourense a membros da Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB) acompañados polo alcalde do Concello de Maceda, Rubén Quintas, que se atopan en Ourense con motivo da celebración do Congreso de xestión de emerxencias, que se celebrará en Maceda os días 20 e 21 de outubro. Durante estas dúas xornadas desenvolveranse relatorios sobre a protección contra incendios en edificios de gran altura, o emprego das redes sociais en emerxencia, os grupos de emerxencia supramunicipal, modelos de xestión de emerxencias Estado Español, a xestión de emerxencias en Galicia, o voluntariado de Protección Civil en Galicia, entre outros temas. Ademais está programada unha visita a Laias onde, segundo destacou Pablo Pérez, os participantes no congreso poderán coñecer un dos enclaves termais da provincia de Ourense, sector este, o termalismo, que o goberno provincial está a potenciar como distintivo e singularidade da provincia de Ourense.