Menor enxalza a consolidación da Festa do Codillo da Rúa na súa XVII edición

Compartir

O presidente da Deputación d quixo felicitar ao Concello e á veciñanza por acadar "17 anos de éxito ininterrompido", convertendo un produto tradicional nun reclamo capaz de atraer visitantes de toda Galicia e do Bierzo

A Rúa, 31 de xaneiro de 2026. O presidente da Deputación de Ourense participou hoxe na celebración da XVII Festa do Codillo da Rúa, unha cita que reuniu no pavillón do Aguillón a preto de mil persoas. Durante o evento, o presidente destacou a importancia desta celebración como "un motor fundamental para a dinamización turística e económica de Valdeorras en pleno inverno".

Nesta décimo séptima edición, o titular do goberno provincial quixo felicitar ao Concello e á veciñanza por acadar "17 anos de éxito ininterrompido", convertendo un produto tradicional nun reclamo capaz de atraer visitantes de toda Galicia e do Bierzo.

"A Festa do Codillo é o exemplo perfecto de como a nosa gastronomía, acompañada polos excelentes viños da DO Valdeorras, serve para vertebrar o territorio e fortalecer o orgullo de pertenza á provincia", sinalou o presidente.

O apoio da Deputación a este evento enmárcase na súa estratexia de promoción dos recursos locais e o impulso ao sector hostaleiro da comarca, reafirmando o compromiso da institución provincial coas tradicións que fan de Ourense un destino gastronómico de referencia.