Minuto de silencio na Deputación de Ourense en repulsa do crime machista acontecido en Ribeira
Ourense, 20 de marzo de 2024.- Os membros da corporación provincial e o persoal da institución, gardaron esta mañá un minuto de silencio á entrada do Pazo Provincial como mostra de respecto a vítima do crime machista que tivo lugar onte no concello de Ribeira.
De forma simultánea, o presidente, Luis Menor, gardou un minuto de silencio ás portas da Casa Grande de Viloira, no Barco de Valdeorras.