Narciso Michavila abriu a primeira edición do ciclo de conferencias "Conversacións: Quo Vadis...?"

Compartir

Ourense, 30 de marzo de 2023.- O presidente de GAD3, Narciso Michavila, abriu esta tarde no Centro Cultural Marcos Valcárcel a primeira edición do ciclo de conferencias "Conversacións... Quo Vadis...?", encontros promovidos pola profesora da Universidade Autónoma de Barcelona María José Feijóo coa colaboración da Deputación de Ourense. A conferencia, que xirou arredor da demoscopia e as enquisas electorais, foi presentada polo presidente do goberno provincial, Manuel Baltar.