Novo centro de saúde en Pereiro de Aguiar

Compartir

Ourense, 6 de novembro de 2020.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, no acto de inauguración do novo centro de saúde de Pereiro de Aguiar, unha infraestrutura que reforza a Atención Primaria na provincia de Ourense e que se prevé entre en funcionamento a partires da próxima semana, contando cun 54 % máis de superficie do que tiña o anterior centro de saúde e con máis servizos. As novas instalación contan cunha superficie toda de 682 metros cadrados e disponen de tres consultas de medicina xeral, dúas consultas de enfermería, unha sala polivalente, unha consulta da muller, enfermería pediátrica, pediatría e outras salas.