O alcalde de Ribadavia, César Fernández, primeiro rexedor local recibido por Manuel Baltar no mandato 2019-2023
- Os encontros institucionais de hoxe do presidente provincial incluíron tamén recepcións aos alcaldes de Castrelo do Val, Cortegada, Ramirás e San Cristovo de Cea.
Ourense, 1 de xullo de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, iniciou hoxe a súa axenda institucional de recepcións a alcaldes da provincia coa reunión que mantivo no Pazo Provincial co alcalde de Ribadavia, César Fernández, o primeiro rexedor local en ser recibido polo presidente Baltar nesta nova etapa de mandato (2019-2023), unha xuntanza na que acordaron colaborar entre ámbalas dúas administracións en diferentes proxectos entre os que figura a obra da rúa Veronza, que suporá un investimento de máis de 70.000 euros, e que permitirá levar a cabo a mellora do pavimento, a humanización do entorno e a inclusión dunha senda peonil.
Os encontros institucionais de hoxe do presidente provincial incluíron tamén recepcións aos alcaldes de Castrelo do Val, Vicente, Gómez; Cortegada, Avelino de Francisco; Ramirás, Isabel Gil, e San Cristovo de Cea, José Luis Valladares.