O centro cultural acolle a primeira final do Global Management Challenge Galicia

Compartir

 

  • Rosendo Fernández participou na entrega de premios deste evento, apoiado pola Deputación de Ourense, no que participaron estudantes universitarios de toda Galicia divididos en diferentes equipos que competiron entre eles.

Ourense, 20 de febreiro de 2020.- O centro cultural "Marcos Valcárcel" acolleu hoxe a celebración da primeira final do Global Management Challenge Galicia que contou co apoio da Deputación de Ourense. O vicepresidente da institución provincial, Rosendo Fernández, participou hoxe na entrega de premios desta competición na que participaron estudantes universitarios de toda Galicia divididos en diferentes equipos que competiron entre eles.

A competición desvelou hoxe o equipo que representará a Galicia na final nacional do concurso. O equipo gañador participará na Final Nacional os días 22 e 23 de abril na Cámara de Comercio de España e enfrontarase a outros equipos das competicións autonómicas, procedentes de Aragón, País Vasco, Estremadura, Castela A Mancha, Comunidade Valenciana, Andalucía e Madrid, así como un equipo da competición xeral na que se agrupan o resto de Comunidades Autónomas.

O campión de España irá á final internacional na que se enfrontará a máis de 37 países de todo o mundo, demostrando a súa capacidade de xestión nun entorno altamente competitivo e multicultural.

Global Management Challenge (GMC) é a maior competición de estratexia e xestión de empresas do mundo baseada en simulación. Unha competición na que os participantes toman decisións nunha empresa empregando a información que tería un equipo de dirección real, observando o seu impacto no futuro da empresa e se as súas decisións tiveron o resultado previsto. O equipo gañador é o que consegue que a súa empresa sexa a máis competitiva do seu mercado.