O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle a presentación do novo libro de Francisco Peña sobre o cambio climático e a sustentabilidade
Ourense, 15 de xaneiro de 2025.
Interesante conferencia para continuar aprendendo sobre desafíos medioambientais. O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, acudiu á presentación do libro "Rumbo a la salud ambiental planetaria y a un mundo nuevo: las claves para afrontar las grandes amenazas del siglo XXI», do escritor, científico e académico Francisco Peña.
O experto afonda nesta nova publicación en aspectos de relevancia social como o cambio climático ou a loita pola sustentabilidade.
O acto, no que tamén estivo o científico Eleuterio Martínez Alcántara, celebrouse esta tarde no Centro Cultural Marcos Valcárcel.