O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" acolle a XLIII Reunión da Sociedade Galega de Otorrinolaringoloxía

Compartir

O salón de actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense acolle ao longo da xornada de hoxe venres a "XLIII Reunión da Sociedade Galega de Otorrinolaringoloxía (SGORL)". O acto de inauguración contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o vicepresidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o presidente da SGORL, Andrés Soto; o presidente do comité organizador, Manuel Blanco; e Miguel González, en representación da Consellería de Sanidade. En sesións de mañá e tarde estanse a desenvolver un total de tres conferencias, dúas mesas redondas, un seminario e a reunión da SGORL. As temáticas que se abordan nos diferentes relatorios están relacionadas coa reeducación auditiva, os tumores en pacientes inmunodeprimidos, a cirurxía funcional no cancro de larinxe e o manexo cirúrxico da parálise facial.