O ciclo "Amal en Ruta" continúa no Liceo de Ourense

Compartir

Ourense, 2 de decembro.- O ciclo Amal en Ruta, proxecto organizado polo OUFF e a Fundación Araguaney Puente de Culturas segue súas proxeccións no Liceo de Ourense. Ghaleb Jaber Martínez, responsable do ciclo presentou xunto con César Silva, responsable no OUFF das seccións paralelas, unha das películas nunha sala cunha boa afluencia. Ambos destacaron o interese que existe na cidade para o Cinema Euro-Árabe e salientaron o obxectivo fundamental destas proxeccións " ofrecer un achegamento cultural do mundo árabe a Galicia a través do cine, ofrecendo unha visión ampla e multidimensional desta cultura heteroxénea."

O ciclo consta de seis longametraxes, tres de ficción e tres documentais que representan unha viaxe a través do mellor filme árabe actual e aínda inclue na axenda dúas sesións: CAIRO JAZZMAN, o luns 3 as 18h e ALÍ, LA CABRA E IBRAHIM, o martes 4 ás 20:30h..

Ambos, como o resto do ciclo, están deseñadas no Liceo de Ourense, por primeira vez na historia da Ourense Film Festival é un dos lugares oficiais.