O Ciclo Mestre Mateo, co que colaboran a Deputación e a Academia Galega do Audiovisual, leva este mes o cinema galego a Celanova, O Barco e San Cristovo de Cea

Compartir

Ourense, 3 de novembro de 2023.- O Ciclo Mestre Mateo, co que colaboran a Deputación de Ourense e a Academia Galega do Audiovisual, achegará o cinema galego 2023 á provincia durante este mes de novembro.

Así, o Auditorio Municipal Ilduara de Celanova acollerá as proxeccións de "A foreign song" (sábado 4 de novembro); "María Casares. A muller que viviu mil vidas (sábado día 11); e "Unicorn Wars" (domingo día 26).

Por outra banda, o Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras acollerá a proxección de "María Casares. A muller que viviu mil vidas" o xoves 23 de novembro.

No municipio de San Cristovo de Cea, o seu Auditorio Centro Cultural acollerá as proxeccións de "Live is life" (martes día 7); "A foreign song" (martes día 14); "O corpo aberto" (sábado día 18); "Onde máis doe" (martes dia 21); e "Código emperador" (sábado dia 25).