O consello de Urbaourense aproba sacar a subasta catro parcelas da Finca Mariñamansa
O prezo total de saída ascende aos 9,5 millóns de euros
A sociedade urbanística UrbaOurense, S.A. acordou hoxe na sesión que celebrou o seu consello sacar a subasta para a venda catro parcelas da Finca Mariñamansa por un importe total de saída de 9.538.688 euros (sen IVE incluido). Así figura no prego de prescricións técnico-administrativas sobre subasta pública para alleamento das parcelas 1A, 3A, 4B e 10, propiedade de urbaOurense, S.A. do solo urbano non consolidade da AR-39E, e o seu destino é o de vivendas libres e protexidas máis usos terciarios.
Este foi primeiro punto da orde do día da sesión ordinaria do consello de administración que UrbaOurense celebrou hoxe venres, ás 13.30 horas. Asemade, o consello deu conta da proposta de adxudicación das obras de conexións externas e da adxudicación das obras de instalación da liña de media tensión e centro de transformación do parque empresarial de Nogueira de Ramuín, ademais do estudo de viabilidade redactado polos servizos técnicos de Urbaourense a petición do Concello de Muíños para a construción de 7 vivendas unifamiliares en dito concello unha vez se aprobe o PXOM.
Asemade, o consello deu conta da sentenza do Xulgado do Contencioso 2 de Ourense anulando o Proxecto de Urbanización da AR-39E de Mariñamansa en fases e do desistimento presentado por Urbaourense no Contencioso 115/2011, formulado contra o Concello de Ourense e a Xunta de Compensación.
DESCRICIÓN DAS PARCELAS OBXECTO DA VENDA E DOS LOTES DE ADXUDICACION
a) Parcela 1A.- LOTE 1 PARCELA 1A
Superficie: 1.188,00 m2
Uso predominante: Residencial Vivenda Colectiva
Tipoloxía: Bloque aberto
Ocupación sobre rasante oficial definida: 990,00 m2
Ocupación de subsolo de titularidade privada e uso público en superficie: 198,00 m2
Edificabilidade asignada residencial total: 7.762,08 m2
Residencial libre: 5.921,66 m2
Residencial protexido: 1.840,42 m2
Edificabilidade asignada terciario: 655,00 m2
Altura plantas: 9
Gastos urbanización: 702.479,25 €
Lindes Norte: en liña curva, de 30 m de lonxitude, con rúa Nª Sª do Cristal.
Sur: con parcela 1B.
Este: en liña recta de 60 m con Vial A.
Oeste: en liña recta de 39,60 m de lonxitude con Rúa Nª Sª da Saínza.
b) Parcela 3A.- LOTE 2 PARCELA 3A
Superficie: 1.530,00 m2
Uso predominante: Residencial Vivenda Colectiva
Tipoloxía: Cuarteirón pechado denso
Ocupación sobre rasante oficial definida: 1.170,70 m2
Ocupación patio interior cuarteirón 359,30 m2
Edificabilidade asignada residencial total: 8.418,44 m2
Residencial libre: 0 m2
Residencial protexido: 8.418,44 m2
Edificabilidade asignada terciario: 789,00 m2
Altura plantas: 8
Gastos urbanización: 569.331,04 €
Lindes Norte: con Parcela 3B
Sur: en liña quebrada de 51,20 m e 5,75 m co Vial D
Este: en liña recta de 39,15 m co Vial C
Oeste: en liña recta de 34,80 m de lonxitude co AR-27-E
c) Parcela 4B.- LOTE 3 PARCELA 4B
Superficie: 2.882,00 m2
Uso predominante: Residencial Vivenda Colectiva
Tipoloxía: Cuarteirón pechado denso
Ocupación sobre rasante oficial definida: 2.020,25 m2
Ocupación patio interior cuarteirón 861,75 m2
Edificabilidade asignada residencial total: 11.900,00 m2
Residencial libre: 0 m2
Residencial protexido: 11.900,00 m2
Edificabilidade asignada terciario: 1.263,00 m2
Altura plantas: 7
Gastos urbanización: 817.147,02 €
Lindes Norte: en liña quebrada de 13,00 m, 3,75 m e 16,00 m de lonxitude con Parcela 4A.
Sur: en liña recta de 52,65 m coa Rúa Alberto García Ferreiro.
Este: en liña quebrada de 93,90 m e 7,50 m co Vial C.
Oeste: en liña recta de 60,10 m e de 2,40 m de lonxitude co AR-27-E.
d) Parcela 10.- LOTE 4 PARCELA 10
Superficie: 1.080,00 m2
Uso predominante: Residencial Vivenda Colectiva
Tipoloxía: Bloque aberto
Ocupación sobre rasante oficial definida: 576,00 m2
Ocupación de subsolo de titularidade privada e uso público en superficie: 504,00 m2
Edificabilidade asignada residencial total: 9.234,00 m2
- Residencial libre: 9.234,00 m2
- Residencial protexido: 0 m2
Edificabilidade asignada terciario: 0 m2
Altura plantas: 17
Gastos urbanización: 770.611,94 €
Lindes Norte: en liña recta de 40,00 m de lonxitude con Parcela 16.
Sur: en liña recta de 40,55 m co Vial C.
Este: en liña recta de 25,00 m con Parcela 16.
Oeste: en liña recta de 25,05 m de lonxitude con Parcela 9.